Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

CCOO empraza a Navantia e á SEPI para tratar «urxentemente» o plan estratéxico

  • A Federación de Industria do sindicato agarda que a mesa de negociación se poida constituír este mesmo mes

CCOO alerta da «preocupante» deterioración da situación de Navantia por mor dos continuos atrasos na negociación dos proxectos de futuro. Por esta razón, empraza a dirección da empresa pública e a SEPI a abordar «urxentemente» o plan estratéxico. A Federación de Industria do sindicato agarda que a mesa de negociación se poida constituír este mesmo mes.

06/11/2017.
Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

Segundo CCOO, o contexto xa é «complicado» de seu pola inestabilidade política e económica, especialmente polas dúbidas respecto dos orzamentos xerais do Estado para o 2018.CCOO esixe a Navantia e á SEPI «sentido da responsabilidade, altura de medidas e perspectiva a medio e longo prazo». Partindo desta premisa, a Federación de Industria do sindicato amosa a «plena disposición e compromiso» para iniciar canto antes as negociacións do plan estratéxico, mais tanto a SEPI como Navantia deben tamén cumprir os compromisos adquiridos con anterioridade.